QUE É A MÚSICA???
A música é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensibelmente os sons esilencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte.
A creación, a execución, a importancia e incluso a definición da música varían de acordo coa cultura e o contexto social. A música abarca desde composicións estritamente organizadas, ata a música baseada na improvisación. A música pode dividirse en xéneros e subxéneros, a pesar de que as liñas divisorias e as relacións entre os xéneros son a miúdo moi sutís, ás veces abertas á interpretación individual, e en ocasións polémicas.
A música, como toda manifestación artística, é un produto cultural. Porén, pode utilizarse con intención artística ou mesmo estética, para fins comunicativas, para entretemento, ou con propósitos cerimoniais ou relixiosos, ademais de ser utilizada por moitos compositores exclusivamente como instrumento para o estudo académico.
CALIDADES DA MÚSICA.
A organización coherente dos sons e silencios (segundo unha forma de percepción) danos os principios fundamentais da música, que son a melodía, a harmonía e mailo ritmo. A maneira en que se definen e aplican estes principios varía segundo a cultura, e o momento histórico.
A melodía é o desenvolvemento horizontal, desde o punto de vista dun gráfico que exprese a liña melódica ao longo do tempo, de altura e de duración dos sons. É, polo tanto, un conxunto de sons, concibidos dentro dun ámbito sonoro particular, que soan sucesivamente un despois do outro, e que se percibe con identidade e sentido propio. Tamén os silencios forman parte da estrutura da melodía, poñendo pausas ao discurso melódico. O resultado é coma unha frase construída semántica e gramaticalmente. É discutible, neste sentido, se unha secuencia dodecafónica podería ser considerada unha melodía ou non. Cando hai dúas ou máis melodías simultáneas denomínasecontrapunto.
A harmonía é o desenvolvemento vertical dos parámetros da altura e a duración. É dicir, regula a concordancia entre sons que soan simultaneamente e o seu enlace cos sons veciños. A súa unidade básica é o acorde.
O ritmo refírese á pauta de repetición de intervalos regulares e en certas ocasións irregulares de sons fortes ou débiles, e silencios nunha contraposición.
Saúdos!
Publicado por Adrián.